‘Un Camiño de historias’, un espazo común para as testemuñas dos peregrinos e de quen os acolle

el

“Os Camiños fanos os peregrinos, pero tamén a xente que estamos aí”, dice Fray Paco Castro, peregrino pioneiro e hospitaleiro do Cebreiro, uno de los protagonistas e impulsores de un proyecto audiovisual que quiere presentar la realidad que se vive en el camino y cómo afecta a la vida de al gente que lo recorre.

http://www.crtvg.es/informativos/un-camino-de-historias-un-espazo-comun-para-as-testemunas-dos-peregrinos-e-de-quen-os-acolle-4205403

Aún hay testigos y muchos de cuando D. Elías comenzó a señalar el camino con flechas amarillas. Momento en el que empezó una transformación de los lugares por donde pasa el camino.

“É vida”, “Fantastic”, “Magic”, “Comunidade”, “Unha aventura”, “Vivencias”, “Unha bendición de Deus”… Estes son algúns do testemuños que forman parte de Un Camiño de historias, un proxecto audivisual que tenta reflectir a evolución dos Camiños de Santiago desde que empezaron a renacer con forza a finais do século pasado.

“É un gran espazo de acollida virtual”, di Aser Álvarez, o director do proxecto Un Camiño de historias.

Os narradores dese relato colectivo son os peregrinos de onte e de hoxe, e tamén os habitantes dos lugares formados ou transformados polo paso dos camiños.

Un Camiño de historias pretende incidir nisto fomentando a interacción dos escolares dos lugares do Camiño cos peregrinos e tamén cos seus maiores para que reparen na significación da ruta a todos os niveis.

“É unha aventura”, “Un medio de vida”, “Se non hai peregrinos, os cuartos quedan baleiros…”din algunhas testemuñas.

De momento, a nivel local, fixáronse especialmente en dous puntos de entrada dos Camiños en Galicia, Oia e O Cebreiro, pero esperan que a propia dinámica do proxecto o vaia levando a outros lugares.

“A xente que queira vai poder clicar aquí, rexistrarse e empezar a a subir as suas historias”, di Manuel Pan, director de Phottic, a plataforma web de Un Camiño de historias.

“People”, “Change”, “Para min é un camiño normal”… seguen dicindo os testemuños no vídeo promocional de Un Camiño de historias.