O MEMORIAL P. MANUEL FEIJOO 2018 ÉXITO DE INTERPRETACIÓN, PÚBLICO E SOLIDARIEDADE

O pasado 28 de decembro celebrouse na igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela o 3º Concerto “Memoria P. Manuel Feijoo”, que dende o ano 2016 ven organizando a “Asoc. de Exorfeonistas do Terrra  a Nosa e Amigos do  Padre Manuel Feijoo”, co patrocinio  da Comunidade Franciscana, o HotelMonumento San Francisco e mais do Concello de Santiago. No marco incomparable deste templo casi fundacional da música do compositor santiagués de Ourense, a música do autor do “ belén dos oficios” ( “gaitas e gaiteiros”, “os canteiros”, “serradores”, “regantes”, “feirantes”, “palilleiras de Camariñas “, “ oleiros “  “bruxas e meigas”, e tantos outros títulos das súas Panxoliñas ) volveu soar nesta tarde de xentes “inocentes” (día 28) como o silencio sonoro de quen en vida foi considerado pola prensa estranxeira e de aquí “ o músico embaixador do nadal galego”.

11Co templo ateigado de público – templo inmenso en toda a súa arquitectura- abriu o concerto ás  20, 45 a concertista internacional de acordeón diatónico Bea Leonardo, quen con seu “Voo alén do Tempo” de Makonen transportou ó auditorio da tardiña nadaleira a figura do P Feijoo dende Alén até aquí, daquela xa presente desde o comezo do evento. Aplausos, bravos! e silencio, quizabes unha bágoa…

22.jpg

Deseguido subíu ó estrado a Coral Padronesa, ¡ese Padrón tamén fundacional  de Manuel Feijoo!, que baixo a dirección de Santiago López Blanco, introducíu na velada o primeiro aloumiño dun nadal galego que a organización pretende instaurar e perpetuar con este MEMORIAL P. MANUEL FEIJOO: soaron daquela as fermosas partituras “Arrurrú”de Nemesio García Carril e “Xesús belido” do propio Manuel Feijoo.  Empaste, fidelidade ás orixes, éxito merecido e ben traballado. Parabéns gustosos. Todo ía moi ben. Aplausos, ¡bravos! e silencio, quizabes unha bágoa…

Até que chegou o número forte deste ano. Foi na segunda parte do concerto. Unha parte na que se fixeron donos dela os directores Anxo Abel Souto, director de coro, e Casiano Mouriño Maquiera, director da Banda Municipal  de Música de Santiago. Esta comezou o seu roll primeirizo no Memorial,  interpretando con engado xeral  de todo o auditorio e coa mestría ben recuperada da agrupación musical e con sonoridade de cumio “ A Christamass Intrada” de Alfred Reed, “An American Elegy” de Frank Ticheli y “ The Lord Bless You and Keeep You” de John Rutter, instumentación de C. Mouriño, deleitándonos con técnica e execución máxima durante todo o tempo que soberanamente ocupou o noso estrado. Ós seus profesores e directores cóubolle a honra dun longuísimo calderón de parabéns e atención engailloda xa que logo ámbalas dúas agrupacións interpretarán, instrumento e voz ( 150 coralistas ), “Paxariños que voades” de Nemesio García Carril e “Canto de Berce” de Manuel Fejoo, esta última tamén con instrumentación do mestre  Casiano Mouriño.

Aplausos, ¡bravos!, xa moitas bágoas.

E deseguido, sen solución de continuidade, chegou a intervención talvez, cremos, máis desexada, novedosa e traballada, a específicamente feijoniana na quenda deste ano: a interpretación conxunta final a cargo dos integrantes da Asociación de Exorfeonistas e amigos do P. Manuel Feijoo, da Coral Padronesa, de Cantorum Compostellana Conjuntio&Banda Municipal de Música de Santiago: nas súas voces e nos seus instrumentos, e na instrumentación de Casiano Mouriño, novamente, brillou na noite compostelá deste curruncho de Val de Dios, franciscano por partida doble, a/o “Gloria” e os “Pobos da terra” da Misa Grande Galega de Feijoo, como poucas veces o fixera anteriormente, pois non tiveramos ocasión de ter escoitado nunca até o de agora esa partitura co remedo instrumental que o mestre C. Mouriño amañou con tanto acerto a partir do orixinal do  propio autor ata esta ocasión: por uns longos minutos, moitos, o público que ateigaba por completo o recinto sacro, posto en pé, rendeu un infinito “battimano” que non foi quen, ¡imposible!, de apagar os “bravos” duns e doutros e así de todos. Grazas a eles, e nominatin ós mestres Casiano e Abel Souto.

33

Unha manchea de aplausos, de bravos, de…

E  como fin de festa, e por se fora pouco, o que ningén sospeitaba, tamén neste Concerto/ Memorial, o aceno vienés do mestre Casiano Mouriño e a súa Banda MMS coa “Marcha Radeztky” cara un ano máis para todos, e con todos batendo as palmas. Palmas das mesmas mans que xa antes do comezo do concerto se tiñan achegado a este Val de Dios portando “leite, mateiga e mel” e  outros artigos de primeira necesidade en solidariedade cos pobres do Albergue Xoán XXIII dese complexo franciscano en Compostela.

Para o 2019 será a 4ª edición deste MEMORIAL P. MANUEL FEIJOO.

Que vostedes o vexan e volvan disfrutar…aínda que só sexa tan así como así foi o deste ano 2018. Polo que imos vendo até o de agora, vese que a iniciativa naceu e vai con vocación de agradable permanencia. Daquela aplauso escrito agora e sempre desde aquí.

Enrique Mourille Feijoo. OFM