Outra homenaxe a Manuel Feijoo en Compostela

Señores e señoras. Irmáns de hábito do P. Manuel Feijoo. Benqueridos fillos-amigos da súa música e privilexiados do seu acubillo fraterno, humano e cidadán: boas noites, Bo Nadal, e boa escoita.

Evidentemente eu non son Carlos Núñez: por razón de saúde fíxoselle imposible acudir a esta cita, que para el, como editor da obra do noso compositor era un degoiro contundente… Roga que o disculpemos.

Xaora, ben saben vostedes que polas miñas veas corre sangue de Feijoo e non é moi doado non caer na hipérbole en ocasións como esta. Por outra banda, “señores, eu non son merecente de que entre no voso fogar”. Daquela coido máis honesto botar man dos epigramas xa escritos ou feitos:

Vaia entón o Lapides clamabunt!: case todas elas: as desta casa, que algunhas levantou e arranxou, e as das rúas composteláns, por onde Manuel Feijoo paseaba decote a súa batuta tecendo harmonía cidadán e veciñal.

Vaia tamén a palabra moi sabida de quen no ano 1985 era alcalde de Compostela, Don Xerardo Estévez, pronunciada neste mesmo Patio de Cristal co gallo das Bodas de Plata da fundación do Orfeón Terra a Nosa: decía o edil: “ en Compostela facerlle unha homenaxe a un franciscano, é facerllo a toda a cidade”… Ben se sabe e coñece a ringleira de saios dos fillos de san Francisco urbe adiante, espallando sinxeleza, servizo, compaña, ciencia e…música. E perdoen esta obligada concesión a memoria histórica.

E vaian, logo, as agradecidas palabras do propio Manuel Feijoo no acto de entrega da Medalla ó Mérito Cultural e nomeameno de Fillo Adoptivo de Compostela, que lle concedera o Concello da cidade o 19 de xaneiro de 1985. Decía o fraciscano de floco bohemio e alma ergueita:Para seguir leyendo os remitimos al artículo original de Fr. Enrique Mourille en:http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.18097.php

Más artículos de Fr. Enrique Mourille:  http://www.galiciadigital.com/opinion/autor.259.php