O Compositor e franciscano Manuel FEIJOO recibe un Homenaje en OUTOMURO

feijoo3   O compositor Manuel Feijoo Sousa será homenaxeado no seu pobo natal de OUTOMURO- CARTELLE no Auditorio Municipal, que dende agora levará o nome do frade franciscano.

O día 15 de outubro, tres días antes de cumplirse o XXIV aniversario do seu pasamento, a Asoc. de Exorfeonistas e amigos do P. Manuel Feijoo Sousa trasladarase a capitalidade do concello de Cartelle, o pobo de Outomuro, onde rendirá unha sentida homenaxe ao compositor e frade franciscano fr. Manuel Feijoo Sousa que vai consistir nunha misa ás 13 horas no Santuario de Nosa Sra. do Mundil e pola tarde no Acto de dedicación do Auditorio Municipal ao devandito persoeiro, veciño que foi desta terra. No primeiro caso, os exorfenistas fundadores e continuadores do Orfeón Terra a Nosa nas primeiras décadas da súa andaina, cando o mestre Feijoo o puxo  andar e o dirixía, interpretará a  Misa Galega para voces e órgano, e no  acto da tarde, logo do acto protocolario, dará un pequeno concertó no  novo auditorio.

Os exorfeonistas e amigos do P. Feijoo chegarán a Outomuro procedentes de A Coruña, Santiago, Vigo amáis doutros puntos de España ( Elche, Salamanca e Zamora ). Os que veñen de Galicia fano abordo dun autocar que AutosRico puxo a disposición gratuita deles neste caso pola grande amizade que unía ao frade franciscano coa familia propietaria da empresa.

Manuel Feijoo ( Outomuro, 1926- Santiago, 1992) é un dos compositores máis salientables da polifonía galega en galego da nosa terra. Da súa obra até o de agora a Asociación de Amigos de P. Feijoo leva publicado dous volumes que abraguen o mellorciño da súa inspiración: a Misa Solemne Galega, para voces, órgano e orquestra, a Misa para as Romerías para   voces, órgano e grupo de gaitas, outas dúas misas sinxelas e a Misa dos Nenos; e os máis de 50 cantos de berce, e outas composicións de  circunstacias e acontecementos socias varios.

Co Orfeón Terra a Nosa que el fundara no ano 1966, percorreu o frade franciscano de Ourense, actuando sempre co maior éxito, Alemaña, Austria, Francia, Holanda, Inglaterra, Italia, Portugal, Arxentina, Venezuela e Chile, amáis da meirande parte de cidades, vilas e audiorios de Galicia, e moitas de España, destacando no último caso o Liceo de Barcelona, RTVE, e festivais de Torrevieja .

manuel_feijoo_31Por todo elo e en vida o P. Manuel Feijoo acadou e fóronlle entregadas, entre outras condecoracións: 1º Premio de Polifonía 1974 ( Torrevieja), 1º Premio Nacional de Polifonía 1980 ( Torrevieja ), 2º Premio  de Habaneras 1970 ( Torrevieja ), 1º Premio de Masas Corais Galegas 1976 ( Lugo ); Medalla de Palta ó Merito Culural e Fillo Adoptivo de Compostela 1985, Medalla de Galicia 1992, e Fillo Predilecto do Concello de Cartelle.

Pola súa inspiración músical nadaleira a él e aos seus cantores, a prensa do momento os alcumaba no estraxeiro “os embaixadores do Nadal”, e foron moitos os nosos emigrantes pola Europa que poideron estreitar persoalmente  as súas mans e bicar os aires da nosa terra cando el se lles aparecía por aló nas noites saudosas do seu nadal “ lonxano” e saudoso.

O seu pobo de Outomuro, o seu concello de Cartelle, a súa parroquia do Mundil, os seus cantores do Orfeón Terra a Nosa, os seus amigos, moito o tiñan agasallado en vida. Hoxe eles vólveno facer nesta data do 15 de outubro e no seu propio pobo.  Moitos outros ben podíamos, deber si que se debe, sumarnos a esta homenaxe a un “dos bos e xenerosos”. Homenaxe que como diciamos se celebrará o 15 de outubro  no Auditorio Municipal que o concello de Cartelle construiu en Outomuro e na igrexa do Mundil, en cuxo cemiterio descansan os restos do músico ourensano, galego, mesmo europeo, fr. Manuel Feijoo Sousa.

Enrique Mourille Feijoo:  emourille@gmail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s